Organiza:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia

Fontes Fuentes Sources Patrimonio Mundial: coñecemento para conservar 27-28-29 outubro 2024 – Ribeira Sacra

Conclusións

1. O cambio de paradigma no concepto de patrimonio cultural, pasando de estar exclusivamente ligado ao material a entenderse hoxe como un elemento vivo, dinámico e en constante interacción co humano. Incorpóranse novas tipoloxías, que reflicten os novos elementos aos que a sociedade atribúe valor e dilúese a fronteira entre o natural, o cultural e o inmaterial. As paisaxes culturais teñen a capacidade de integrar e articular todos estes elementos.

2. A necesidade de atopar solucións apropiadas e sostibles para salvagardar as paisaxes culturais en atención ás súas especificidades, sobre a base dun coñecemento que incorpore a interdisciplinariedade e a transdisciplinariedade. Coñecer os diferentes estratos que conforman a paisaxe, reflexionar sobre os obxectivos da conservación e, especialmente, sobre as necesidades das comunidades locais.

3. As candidaturas a Patrimonio Mundial e o seu necesario vínculo coa Academia e outros centros de investigación, debido ao indispensable papel do coñecemento científico na definición das bases dunha proposta de inscrición á Lista do Patrimonio Mundial.

4. A complexidade do proceso para lograr a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial, tanto na definición e identificación dos valores, significado e carácter do ben como desde o punto de vista dos requisitos, que deben cumprir coa excepcionalidade, a autenticidade, a integridade e a existencia dun sistema de xestión e dun plan de xestión adecuados. En contrapartida, os logros que o propio proceso xera, favorecendo o intercambio de experiencias, o desenvolvemento de estratexias conxuntas, novas ferramentas e o fortalecemento do sentido de orgullo e pertenza.

5. A crecente importancia que adquiriu o desenvolvemento de plans de xestión no manexo dos sitios do Patrimonio Mundial. O coñecemento dos elementos que estruturan a paisaxe, así como a implicación das administracións e das comunidades locais, son clave para impulsar iniciativas que permitan que as xeracións presentes e futuras continúen habitando o territorio, desde a óptica do desenvolvemento sostible.

6. A poboación local debe estar no centro do deseño, implementación e seguimento das estratexias de planificación e xestión do patrimonio cultural. O coñecemento e a participación de quen vive e convive coa paisaxe cultural é indispensable para a formulación de políticas públicas eficientes.

7. Os beneficios das novas tecnoloxías como ferramenta para a investigación, documentación e conservación do patrimonio cultural; pero tamén para o deseño de estratexias de divulgación e comunicación, adaptadas ás necesidades dos diferentes públicos. Así mesmo, a oportunidade que supoñen as redes sociais para a sensibilización das novas xeracións, a través da creación de contidos de calidade, aliñados cos obxectivos de desenvolvemento sostible.

8. Os beneficios que supoñen a creación de redes e o intercambio de experiencias con outras paisaxes culturais e sitios do Patrimonio Mundial para a identificación de necesidades compartidas, o desenvolvemento de proxectos conxuntos e o deseño de accións de difusión, comunicación e promoción.

9. A importancia de que as e os guías de turismo locais sexan partícipes do proceso, formándoos e poñendo á súa disposición todo o coñecemento dispoñible sobre o patrimonio cultural, dado o seu importante labor na comprensión por parte dos visitantes do significado do lugar que visita, favorecendo unha actitude de respecto, coidado e valorización.

10. O necesario manexo de fluxos de visitantes mediante a xestión da mobilidade, da capacidade de carga e da capacidade de acollida, co obxectivo de evitar os efectos negativos que o turismo pode ter sobre a autenticidade e a conservación das paisaxes culturais.

11. A complexidade administrativa das candidaturas das paisaxes culturais, que supón un reto para os órganos competentes a distintas escalas (local, rexional e nacional) e en diferentes ámbitos (cultura, agricultura, turismo, mobilidade, medio ambiente etc.)

12. O valor das paisaxes culturais como recursos fronte a algúns dos retos de futuro, como a loita contra o cambio climático, o despoboamento de zonas rurais e o desenvolvemento sostible.

FONTES, o titulo do encontro, fai alusión ás máis de 900 fontes de auga que manan ao longo de todo o territorio da Ribeira Sacra e que contribúen a modelar esta extraordinaria paisaxe, e tamén ás fontes de coñecemento, un factor imprescindible á hora de tratar cun ben patrimonial. Este coñecemento tradicional, pero tamén innovador resultado da investigación e das novas tecnoloxías, contribúe en gran medida a protexer e a xestionar, a divulgar e a concienciar, a emocionar, conmover e transmitir os valores do ben. Os lugares patrimoniais son espazos de aprendizaxe onde a información, resultado do saber popular e da investigación, se converte nunha ferramenta básica de xestión.

O proceso da candidatura Ribeira Sacra deu lugar a unha profunda reflexión sobre a conservación dun ben complexo onde se superpoñen diferentes aspectos. Grazas a un profundo coñecemento do lugar foi posible fortalecer unha adecuada xestión, onde a formación dos actores implicados favorece a elaboración de estratexias e iniciativas encamiñadas á conservación do patrimonio. Por este motivo, este encontro aborda o tema do coñecemento, transversal a distintos campos e que resulta indispensable para levar a cabo todo o proceso de Patrimonio Mundial, compartindo experiencias con sitios inscritos na Lista que levan xa anos desenvolvendo iniciativas de interese.

Obxectivos do encontro

> Explorar/indagar sobre o papel do coñecemento e a análise dos distintos espazos/terrenos/esferas nas que o coñecemento xoga un papel primordial

> Iniciar un debate sobre a formación de técnicos e xestores, formadores, guías de turismo, a propia comunidade local, etc., para bens patrimoniais e especialmente en sitios Patrimonio Mundial.

> Proporcionar un foro de discusión e establecemento de novas redes e sinerxías entre institucións culturais, académicas, administración e comunidades locais.

> Dar maior cabida e participación a institucións e actores locais.

> Favorecer o diálogo entre distintas comunidades fronte aos retos que presenta a xestión de sitios Patrimonio Mundial.

> Continuar co labor iniciado na difusión da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial como paisaxe da auga no ámbito local, rexional e nacional.

> Promover estratexias de colaboración entre diferentes actores relacionados con Ribeira Sacra (Locais, Administración, Universidade, etc.).

Temas

O encontro susténtase sobre unha liña principal que é o coñecemento, subliñando algúns subtemas:

– A multiplicidade e transversalidade nos sitios Patrimonio Mundial
– A Academia, o seu papel
– Os Centros de estudos e de investigación
– A formación de técnicos e xestores
– A interpretación e divulgación na participación local
– A xeración de estratexias de turismo

Programa

Luns 28 de outubro – Apertura – Mañá e tarde: estudo
Martes 29 de outubro – Estudo matinal e peche

Luns 28 de outubro · Mañá

09:00-09:15 | Apertura

Miquel Iceta i Llorens. Embaixador de España Delegado Permanente na UNESCO.
Ministerio de Cultura. Goberno de España.
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

09:15-09:25 | Presentación do evento

María del Carmen Martínez Insua. Directora Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Sesión 1: Coñecemento e xestión.

Conductora: Mónica Luengo Añón. Directora científica do encontro.

09:25-09:55 | Conferencia

Entendendo a autenticidade nas paisaxes culturais: entre a xenealoxía e a resiliencia.
Dr. Luisa De Marco. Consultora independente en patrimonio cultural.

09:55-10:15 | Conferencia

Requirimentos de UNESCO para a xestión dos sitios Patrimonio Mundial. Multiplicidade e transversalidade.
Isaac Sastre de Diego. Director Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes, Ministerio de Cultura.
María Agúndez Leria. Subdirectora Xeral de Xestión e Coordinación de Bens Culturais, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes, Ministerio de Cultura.

10:15-10:45 | Pausa café
10:45-11:15 | Conferencia

Arte, auga e entorno: a Ribeira Sacra como paisaxe cultural única.
Manuel Antonio Castiñeiras González. Catedrático de Historia da Arte, Universitat Autònoma de Barcelona. Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Xunta de Galicia.

11:15-11:45 | Conferencia

Formación histórica da paisaxe.
Ramón Villares. Profesor Emérito de Historia, Universidade de Santiago de Compostela.

11:45-12:05 | Conferencia

A xestión territorial do sitio UNESCO do Val do Loira: o testemuño dunha urbanista do Patrimonio Mundial.
Myriam Laidet. Membro experto do Comité Científico Internacional ICOMOS – Paisaxes Culturais.

12:05-12:35 | Conferencia

As candidaturas a Patrimonio Mundial: un fin ou unha oportunidade de reflexión.
Cipriano Marín. SG Centro UNESCO de Canarias

12:35-13:00 | Pausa café

Sesión 2: A Academia ¿Que papel pode xogar?

Conductora: Inés Santé Riveira. Doutora en Enxeñería Agrónoma e profesora de Ordenación do Territorio, Universidade de Santiago de Compostela.

13:00-13:20 | Conferencia

Coñecemento e xestión das paisaxes culturais Patrimonio da Humanidade.
Rafael Mata . Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade Autónoma de Madrid e Secretario da Comisión de Seguimento do Plan Nacional da Paisaxe Cultural

13:20-13:40 | Conferencia

Os Centros de Investigación en Patrimonio Cultural e o Patrimonio Mundial.
Román Fernández-Baca Casares. Arquitecto Conservador do Patrimonio Histórico e Conselleiro dos Institutos Pedra de Brasil e do ICRPC de Cataluña.

13:40-14:00 | Conferencia

The Heritage Place Lab: unha rede de colaboración entre investigación e práctica.
Maya Ishizawa . Coordinador do Laboratorio de Heritage Place para o Programa de Liderazgo do Patrimonio Mundial.

14:00-14:30 | Conclusións sesións 1 e 2 e debate.
14:30-16:00 | Xantar.

Luns, 28 de outubro · Tarde

Sesión 3: Participación: divulgar, sensibilizar, formar

Conductor: Juan Mario Crecente Maseda. Coordinador da candidatura de Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial.

16:00-16:20 | Conferencia

Conservar para coñecer e divulgar. O caso da cova de Altamira.
Pilar Fatás Monforte. Directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira.

16:20-16:40 | Conferencia

A cidadanía no centro do patrimonio. Rexeneración urbana no entorno do Salón Rico de Toledo.
Jesús Corroto Briceño. Xerente do Consorcio da Cidade de Toledo.

16:40-17:00 | Conferencia

Alianza de Paisaxes Culturais: o Traballo en rede das Paisaxes Culturais Patrimonio Mundial ibéricos.
María del Pozo López. Secretaria Xeral da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial.

17:00-17:20 | Conferencia

Sitios do Patrimonio Mundial de Cataluña.
Mercè Costa Martorell. Jefa del Servicio del Patrimonio Arquitectónico y coordinadora del Patrimonio Mundial del Departamento de Cultura de la Generalitat de Catalunya.

17:20-18:00 | Conclusións sesión 3 e debate.
18:00-19:00 | Presentación de experiencias locais

“Pingas” de Ribeira Sacra
María José Yravedra. Ronsel do Sil
José Miguel Vázquez. Queixos da Josefa
Francisco Almuíña. Asociación Ribeira Sacra Rural
Ana Pombar Alvarado. Parador Santo Estevo
Laura Vázquez Rodríguez. Guía turística e mediadora turística no Castelo de Castro Caldelas.
Eva Pérez Carballo. A Eva da Ponte

Martes, 29 de outubro · Mañá

Sesión 4: Estratexias turísticas: formación e interpretación.

Conductor: Manuel María Chaín Pérez. Arquitecto da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

09:30-09:50 | Conferencia

A xestión turística do destino Ribeira Sacra. O “espírito Consorcio”.
Alexandra Seara Sobrino. Xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

09:50-10:10 | Conferencia

Atapuerca: da investigación á divulgación científica nun Patrimonio Mundial.
Aurora Martín Nájera. Directora xerente do Museo da Evolución Humana e do Sistema Atapuerca, Cultura da Evolución.

10:10-10:30 | Conferencia

A interpretación do patrimonio; coñecemento, dereitos e acceso á cultura.
Celia Martínez Yáñez. Profesora Titular Universidade de Granada. ICOMOS Board/ Vicepresidenta ICOMOS ICTC.

10:30-11:00 | Conclusións sesión 4 e debate.
11:00-11:30 | Pausa café
11:30-12:00 | Conferencia

Participación no territorio
Paz Rodríguez Rivera. Directora Xeral de Desenvolvemento Rural a da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Xosé Manuel Merelles Remy. Director da Axencia Turismo de Galicia.

12:00-13:00 | Clausura

Inscripción

Solicite a súa praza a través da seguinte ligazón.

A praza será confirmada pola organización á maior brevidade

A solicitude estará dispoñible ata o 26 de outubro ás 12:00 horas.

Teléfono

(+34) 981 900 700

Email

irenevazquez@orzancongres.com